Per l’Italia in concorso Sirio Sechi con “I Claustrofili” e Massimo d’Alessandro con “Progetto Albanus: Dentro l’Antico Emissario”

Dal 3 al 5 dicembre 2021, in Galizia, si svolgerà una rassegna cinematografica internazionale che tratterà film di speleologia.
I film in concorso sono tutti spagnoli, tranne due degli italiani Massimo d’Alessandro e Sirio Sechi, rispettivamente con il documentario archeologico “Progetto Albanus: Dentro l’Antico Emissario” e con il film divulgativo didattico “I Claustrofili”.

Organizzatore della rassegna è la Federazione galiziana di speleologia – Federación Galega de Espeleoloxía, con l’intento di divulgare la speleologia anche attraverso i film realizzati in grotta.
oltre alla proiezione dei film, sono state allestite mostre fotografiche e cinematografiche con stand e materiali.
Nei tre giorni si svolgeranno anche delle conferenze pubbliche.

Tutto il programma è disponibile sul sito dell’evento Espeleocine.org

O lugar da celebración será na cidade de Mondoñedo (Lugo); os días 3, 4, 5 de decembro do 2021.
A participación e asistencia a tódalas actividades será de balde.
AVISO IMPORTANTE: certificado COVID obligatorio en Galicia para acceder ó interior de bares e cafeterías (dende as 21h) e restaurantes (todo o día). Terrazas excluídas. En vigor dende o 27/11/2021. Non esquezas traer o teu.

máis info: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2021/20211126/2827/AnuncioC3K1-251121-1_es.html

As proxeccións realizaranse no Auditorio Municipal “Pascual Veiga”. Estrada de Maariz, nº 5, en Mondoñedo.
Relación de películas que se proxectarán:

PROXECTO ALBANUS: DENTRO DO VELLO EMISARIO (ITALIA)
Realizador: Massimo D’Alessandro País: Italia
Produtor: A.S.S.O. en asociación con Hypogea
Duración: 53 minutos Temática: Exploración / Histórica
O túnel de drenaxe del Lago Albano (Italia), cos seus 1.450 m de percorrido, é un enxeñoso traballo hidráulico, datado a principios do século IV a.c.
Hoxendía, esta construcción é o motivo dun programa de tres anos de estudos espeleolóxicos (Proxecto Albanus), levado a cabo pola Federación Hipogea en cooperación coa Superintendencia para o Patrimonio Arqueolóxico de Lazio e mailo Parque Castelli Romani.
Un equipo de filmación dirixido por Massimo D’Alessandro está a seguir tódalas investigacións, co obxectivo de realizar un documental sobre a súa historia e exploración.
Ligazón trailer: https://youtu.be/IKBCXx0A6Lo

NOVA COVA DESCUBERTA NA MONTAGNE NORIE (FRANCIA)
Realizador: Victor Ferrer Rico País: Catalunya (España)
Duración: 8 minutos Temática: Exploración / Histórica
O filme relata a descuberta e exploración por parte de espeleólogos alemáns, co apoio de membros do Spéléo Club de Béziers, dunha nova cova situada na Montagne Norie (Massif Central, Francia). Cun desenvolvemento que xa acada varios quilómetros e diferentes ríos subterráneos, nesta cavidade, atópanse as excéntricas de cores azul e verde máis fermosas do mundo.
Ligazón trailer: https://www.youtube.com/watch?v=yuMCKgQsDTk

A VALL D’EBO SUBTERRÁNEA (Alacante-ESPAÑA)
Realizador: Victor Ferrer Rico País: Catalunya (España)
Duración: 17 minutos Temática: Exploración / Histórica
O lapiaz de la vall d’Ebo (Marina Alta, Alacante), desenvólvese en calcarias do Cretácico. Pola súa variedade e maxestuosidade, destacan as cavidades que se atopan no Pico da Cruz de Bodo e o Alto de Pascual. Entre elas, destaca o Avenc Estret, explorado por Rafael Plá, no seu momento foi a vertical absoluta meirande de España.
Diferentes entrevistas ós exploradores das simas, dan unha perspectiva histórica ás imaxes.
Ligazón trailer: https://www.youtube.com/watch?v=yrIUhFXoAuI

O SOÑO DO VAL (Val de Losa, Burgos)
Realizador: Lorenzo Sáez Castrillo País: Castela e León (España)
Produtor: Grupo Espeleológico Niphargus
Duración: 25 minutos Temática: Exploración / Histórica
Durante máis de dúas décadas, membros do G.E. Niphargus (Burgos) centraron as súas pesquisas no val burgalés de Losa. Os traballos deron como resultado a localización e exploración de numerosas cavidades. Para amosarnos os seus logros, o realizador toma coma fío argumental un soño; coas súas tres fases: a incongruencia (meiga), o realismo (relato) e o pesadelo (as sombras).
Ligazón trailer: https://www.youtube.com/watch?v=I6pGLsUlt1c

O TRIFÓN (O terceiro manancial. Burgos)
Realizador: Lorenzo Sáez Castrillo País: Castela e León (España)
Produtor: Grupo Espeleológico Niphargus
Duración: 28 minutos Temática: Exploración / Histórica
A pouca distancia da cidade de Hoz de Arreba; unha desobstrución levado a cabo polo G.E. Niphargus (Burgos), permitiu o acceso a unha vasta rede de galerías, desenvolvidas en diferentes andares e cun cauce activo. A cova do Trifón atópase a curta distancia do Complexo calcário Piscarciano-Vacas-Arenas.
A película amósanos, dun xeito breve, a xeografía e xeoloxía da zona, así como unha descrición cronolóxica das diferentes exploracións realizadas na cavidade.
Ligazón trailer: https://youtu.be/6WM8eZ1uC7s

A COVA DO REI CINTOLO 1973 (Mondoñedo-Lugo)
Director: Luis Mariñas Lage País: Galicia (España)
Produtor: Televisión Española (TVE)
Duración: 13 minutos Temática: Histórica
Filme rodado -entre outros cámaras- polo xa desaparecido José Manuel Alaiz en BN-16 mm, no ano 1973, na Cova del Rei Cintolo (Mondoñedo – Lugo), para o programa de TVE “SEMANAL INFORMATIVO” (antecesor de Informe Semanal) .
En setembro de 2020, é cedida unha copia da curtametraxe en formato dixital, pola Dirección do Ente Público RTVE ó Concello de Mondoñedo / Federación Galega de Espeleoloxía – FGE e ó Centro Español de Documentación Espeleológica – CEDE, a cal se volta a editar ampliándoa con máis música, unha cabeceira de presentación e engádense ó final comentarios e créditos.
Consta en entrevistas, documentación e exploracións sobre diversos percorridos pola meirande cova de Galicia.
Ligazón trailer: https://www.youtube.com/watch?v=kXcF31_jOeM

OS CLAUSTROFÍLICOS
Realizador: Sirio Sechi País: Italia
Produtor: Sirio Sechi
Duración: 25 minutos Temática: Espeleomergullo / Psicolóxico
Esta película trata sobre a exploración de covas, mais non está dirixida a espeleólogos/as; está dirixida a tódalas persoas que non a practican e se preguntan “como poden respirar?” ou ¿non teñen medo de quedar atrapados/as alí? “
As películas sobre Espeleoloxía adoitan falar de covas: o seu descubrimento, as desobstrucións, as unións, os seus misterios, as súas peculiaridades, etc. Mais poucas veces falan dos propios espeleólogos/as, ¿Quen son estas persoas cunha afección tan diferente ó resto da humanidade?
Ligazón trailer: https://youtu.be/i0Sp1GA1XfI

CENOTE. Cova da Auga (Cueva del Agua). Spain
Realizador: José Luis Llamusí, Andrés Ros País: Rexión de Murcia (España)
Produtor: Grupo Cueva del Agua LIMITE5000
Duración: 7 minutos Temática: Espeleomergullo / Exploración
Cova da Auga Cueva del Agua (Illa Cha, Cartaxena) é unha cavidade activa completamente asulagada, agás a sala de acceso e diferentes burbullas que se atopan no seu interior. Actúa como afloramento dun importante acuífero termal que flúe cara o mar, a unha temperatura de 29,7ºC. A súa exploración iniciouse en 1974.
Hoxendía lévanse explorados máis de 6.200 m de galerías. É un complexo entramado labiríntico de grande dificultade técnica especialmente pola súa turbidez, pasos estreitos e estar completamente asulagado.
O equipo Grupo Cueva do Auga LIMITE500 está formado por mergulladores e investigadores de varios grupos e organizacións e desenvolve a exploración e investigación de Cova da Auga (Cueva del Auga); os seus traballos pódense seguir en www.cuevadelagua.es
Ligazón trailer: https://youtu.be/6CWhbIHZhLU

O LABIRINTO SUBTERRANEO (ano 2000)
Realizador: Francisco Alburquerque País: Illes Balears (España)
Produtor: Joan Bibiloni – Satie – Producions Audiovisual
Duración: 29 minutos Temática: Espeleomergullo / Exploración / Documental
Documental que narra a exploración dunha das máis importantes cavidades cársticas costeiras das Illas Baleares: Cova des Pas de Vallgornera (Llucmajor – Mallorca).
A través das técnicas do espeleomergullo, polas galerías parcialmente asulagadas, puídose filmar en Video DV multitude de paraxes; percorréndose uns 6 km e puidéndose apreciar as características dos “fermosos espeleotemas” que contén.
Esta película foi filmada no ano 2000, cando a cavidade tiña uns 6.400 m de galerías; os grandes descubrimentos posteriores (ocorridos no 2004), levaron esta cavidade ata os aproximadamente 70 km actuais.
A banda sonora é orixinal do músico mallorquín Joan Bibiloni.
Ligazón trailer: https://youtu.be/koxDtcLtM1Y

O CERRO DAS MOTILLAS E MAILAS SÚAS COVAS (Andalucía)
Realizador: José Aguilera García País: Andalucía (España)
Produtor: GIEX (Grupo de Investigaciones Espeleológicas de Jerez)
Duración: 66 minutos Temática: Exploración / Histórica
No Parque Natural dos Alcornocais (Cádiz / Málaga), o máis meridional da Europa continental, atópase o Cerro das Motillas.
A súa estrutura rochosa salienta entre o inmenso bosque que o rodea. A pesares do seu pequeno tamaño, ten numerosas cavidades de grande interese.
O meirande dos sistemas do lugar, ten 10 km de galerías coñecidas e é un modelo cáseque ideal de desenvolvemento cárstico, xa que se pode atopar: sumidoiros, afloramentos activos e fósiles, así como numerosos niveis.
Este documental fala sobre todo da exploración destes lugares, incluído un pequeno resumo da historia do paso do home pola zona.
Ligazón trailer: https://youtu.be/PaFex3J2QC4

BEYOND THE LIMITS (MÁIS ALÓ DOS LÍMITES)
Realizador: David Pérez País: Andalucía (España)
Produtor: David Pérez
Duración: 35 minutos Temática: Exploración / Espeleomergullo
Na pequena vila de Covanera (Burgos, España) hai unha incrible cavidade submarina: El Pozo Azul (O Pozo Azul). Cun primeiro sifón de 700 m de longo e máis de 3,5 Km de lonxitude nun segundo sifón; Pozo Azul, é unha das meirandes pasaxes subacuáticas de Europa.
O filme esta rodado durante as exploracións realizadas no verán de 2009 e amósanos algúns dos exploradores máis activos de Europa, traballando arreo xuntos.
Mergulladas de longa distancia (máis de 5 Km en auga a 11 ? Centígrados), con descompresións en hábitats, torpedos grandes e rápidos, respiradores modificados e todo tipo de equipamento; son empregados polos exploradores para acadaren o final do fío e continuar a exploración.
Narrado polos protagonistas, este documental permítenos coñecer un chisco máis sobre os espeleomergulladores, os seus equipos, motivacións e relacións de amizade.
Os mergulladores de testa Jason Mallinson, Rick Stanton, John Volanthen e René Houben, apoiados por un gran equipo internacional, fanno posible: realizar unha das inmersións en sifón meirandes do mundo.
Ligazón trailer: https://youtu.be/fHT0fWWD0Pc

A COVA DE VALPORQUERO
Realizador: Carlos Beltrán / Senén Feito País: Comunidade de Madrid (España)
Clube: G. E. FLASH (Madrid)
Produtor: Carlos Beltrán
Duración: 10 minutos Temática: Divulgativa
A cova de Valporquero (Valporquero de Torío, León) é unha espectacular cavidade, habilitada para o turismo no seu primeiro andar. As grandes salas e galerías da súa entrada comunican co río subterráneo, que se sume pola cova e rexurde ao exterior en La Covona, no fondo da gorxa de Formigoso. Tamén se pode acceder á galería activa polo Sil de las Perlas.
O filme amósanos a travesía dende o Sil de las Perlas ata La Covona.
Ligazón trailer: https://youtu.be/43PWGAcI-Yc

EXPEDICIÓN A LARRA, CO EQUIPO ESPELEOLÓXICO DA IPV
Dirección e fotografía: José María Martínez Peñuela País: Nafarroa / Navarra (España)
Montador técnico: R. P. Fuentes
Bocetos e debuxos: García de la Peña
Produtor: Grupo Espeleológico de la Institución Príncipe de Viana (Iruña / Pamplona)
Duración: 21 minutos Temática: Exploración / Histórica
Ano realización: 1956
Documental realizado polo Grupo Espeleológico de la Institución Príncipe de Viana, en varias simas da contorna de Larra, no Pirineo navarro. Esta película foi depositada por Isaac Santesteban no Arquivo Fílmico de Navarra, no seu soporte orixinal de 16 mm. A copia é sen son.
Rodada en branco e negro e cor.
Nafarroa ko Fimoteka / Filmoteca de Navarra cedeu os dereitos, para poder proxectar a película dentro de EspeleoCine 2021.

UNHA EXCURSIÓN POLA SIERRA DE URBASA
Dirección e fotografía: José María Martínez Peñuela País: Nafarroa / Navarra (España)
Montaxe: Miguel Bengoa e Urra
Música: Grupo “Itxaso”
Debuxante: Javier Labayen
Produtor: Grupo Espeleológico de la Institución Príncipe de Viana
Duración: 27 minutos Temática: Exploración /Histórica
Ano de realización: 1957
Rodada en cor e en branco e negro, nas estribacións da serra de Urbasa, na década de 1950. Probablemente sexan as imaxes máis antigas sobre espeleoloxía filmadas en chan navarro.
Aínda que nos créditos figure o coro “Itxaso” como intérprete da música, a banda sonora que poidera ter a película perdeuse, polo que acompañará de música de piano en directo.
A película foi depositada por Isaac Santesteban no Arquivo Fílmico de Navarra, no seu soporte orixinal de 16 mm. A copia é sen son.
Nafarroa ko Fimoteka / Filmoteca de Navarra, cedeu os dereitos, para poder proxectar a película dentro de EspeleoCine 2021.

TÚNEL DA ATLÁNTIDA: VIAXE Ó DESCOÑECIDO
Dirección e Realización: Sebastián Álvaro País: España
Producción: TVE
Duración: 51 minutos Temática: Exploración
Ano de produción: 1986
O “Túnel da Atlántida” é un tubo volcánico que penetra baixo o nivel actual do mar na illa de Lanzarote, nunha lonxitude aínda indeterminada.
Unha expedición de mergulladores españois afonda nela ata os 1.570 metros, superando en 200 metros o récord anterior, establecido por unha expedición xermano-estadounidense.
O grupo está formado polos mergulladores Fidel Molinero, Luís Ortega, José Luís Fernández Solis, Luís Lapido, Jose Luís García Carrascosa, Francisco Seguro e Carmen Portilla.
RTVE cedeu os dereitos para poder proxectar a película dentro de EspeleoCine 2021.

A CARA OCULTA DA TERRA (cova dos Chorros)
(2ª parte)
Dirección e Realización: Sebastián Álvaro País: España
Producción: TVE
Duración: 30 minutos Temática: Exploración
Ano de produción: 2001
Unha expedición de espeleólogos de “Al Filo de lo Imposible” continúa a exploración da Cova dos Chorros, na serra de Alcaraz (Albacete), o equipo trata de superar o sifón terminal, o derradeiro lugar explorado ata o de agora e que servirá para topografiar a zona.
RTVE cedeu os dereitos para poder proxectar a película dentro de EspeleoCine 2021.

VIVINDO Ó FILO CON XESUS MANTECA E J. LUSARRETA
Dirección: Carmen Portilla País: España
Produción: TVE
Duración: 27 minutos Temática: Histórica
Ano de produción: 2011
Antxon Arza entrevista a Xesus Manteca e Javier Lusarreta, espeleólogos e especialistas en espeleomergullo. Lembran o seu traballo como especialistas na serie de TVE “Al Filo de lo Imposible” e comentan as súas actividades profesionais na actualidade. O documental inclúe imaxes do arquivo de TVE e do arquivo do NODO.
RTVE cedeu os dereitos para poder proxectar a película dentro de EspeleoCine 2021.

Lascia un commento

Il tuo indirizzo email non sarà pubblicato.